martes, 11 de mayo de 2010


Cirurxáns escuteristas

Acabo de chegar do Hospital, dunha consulta externa, e hai que recoñecer que é como a Administración, ti sabes cando entras pero nunca cando saes.

Que si espera a que che toque, unha vez que entras en consulta, "ohhhh, mellor se baixas a que che fagan unha placa", ala pra'baixo.

Espera outra vez, pasa á sala de raios, ponte así, ponte asá e ala pra'rriba.

Espera outra vez, e xa, por fin?? non, "vaia, esquecéronse de facer unha placa lateral", ala pra'baixo de novo.

O mesmo de antes, espera, ponte así e pra'rriba novamente.

"Pois ben, non che vexo nada ¡eh!, faite unhas sesións de rehabilitación e logo volves", volver?, pero se me quitastes as ganas.

Pois bo, logo de máis de catro horas de facer perna, conseguín saír de alí.

Durante todo o tempo que estiven alí, acordeime dun post que tiña esquecido, que pensara nunha ocasión en que tiven unha intervención cirúrxica e é referente aos gorros de cirurxián.

Si, si, eses gorros que antes eran estándar pero que a partires de series míticas coma Urxencias, Hospital Central ou Anatomía de Grey, puxéronse de moda nos nosos hospitais e claro, que un cirurxián te díga "non te preocupes, todo vai saír ben" cun gorro de conexiños na cabeza, serio serio, non é.

Se aínda fosen coma estes, manteríanme un pouco máis distraido:

Vistos en gorrosquirofano.com.

Xa vedes que haber hai para todolos gustos.

Aproveito a oportunidade para mandar un cariñoso saúdo ao amigo Nacho, bloguero de Rabudo.com, que leva máis de 15 días ingresado no hospital despois dunha intervención.

¡¡¡Ánimo Nacho!!!, que xa queda pouco.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: