martes, 18 de mayo de 2010


Crónica da Ruta Rosaliana

Onte, Día das Letras Galegas, Día de Internet, celebrouse en Santiago de Compostela a XVI RUTA ROSALIANA EN MOTOCICLETAS CLÁSICAS e eu levantéime cedo para ir a esa entrañable cita.

Ás 08:45 horas arrinquei o motor da 160 e incorporeime á N-550 dirección Santiago, facía un día radiante pero o frio mañanero era notable, xa que, tras pasar o aeropuesto de Alvedro tiven que parar porque non me puxo as luvas e xa tiña as mans insensibles.

Liquidado este pequeno inconveniente continúe camiño pasando por Alvedro, Sigrás ata chegar ata o cruzamento de Rocha onde o semáforo en vermello fíxome deter, popopoooo, - vaia, ¡calouse! aínda non debía estar suficientemente quente - (díxenme) patada, patada, - pero, ¿que pasa? - o pedal está tolo e non engancha. - Aaalaaa, mecajonamaiquehapariu -.

Fin do camiño, fin da crónica, esta foi a miña marabillosa experiencia coa ruta Rosaliana, 7 quilómetros, 15 minutos (parada de abrigo incluída).

Xa que non puiden ir para facer as fotos de rigor aquí teneis unha "collida prestada" do blog de Vesperegrinos:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: