lunes, 3 de mayo de 2010


IV Ruta internacional de Motos Antigas Terras de Padrón

O pasado sábado, 1 de Maio, como xa vén sendo costume estes últimos anos, asistín á IV RUTA INTERNACIONAL MOTOS ANTIGAS TERRAS DE PADRON (A Coruña), onde se puideron ver verdadeiras pezas de museos xunto con outras clásicas máis actuais co trote lóxico do día a día (caso do meu 160).

Saímos de Padrón sobre as 10:45 h por unha estrada de montaña moi divertida, pero cun firme un pouco inestable para as antiguallas que por alí fixemos pasar, menos mal que tardamos pouco en acceder a unha estrada con bo asfalto para poder chegar á nosa primeira parada, Noia.


Exposición das motos na Alameda, petiscos e refrixerio e foto de familia:

A continuación seguimos camiño para pasar por Portosín e Porto do Son,

seguindo dirección Ribeira (por onde non chegamos a pasar) desviándonos dirección Pobra do Caramiñal, Rianxo e chegada para reagruparnos de novo en Padrón,

para ir todos xuntos ao Hotel-restaurante onde gozamos dunha boa comida e posterior entrega de premios a todos os clubs participantes (entre eles a nós, o Golfos Artabros Escúter Clube)

e o resto de premios ás distintas categorias, mellor restauración, piloto máis antigo, premio especial ás tres mulleres pilotos, a máis antiga (Unha BSA de ¡¡¡1925!!!), sinxelamente preciosa:


pero o premio no que houbo unanimidade na decisión foi o da mellor moto, unha incrible Nimbus de 1928, sinxelamente indescritible, unha auténtica xoia de museo, xulgade vós mesmos:






Unha boa ruta pero, na miña opinión, un pouco longa, tanto en tempo como en distancia.

Grazas aos amigos de Motos antigas Terras de Padrón, por habernos feito gozar de tan fantástica sesión de historia das dúas rodas.

Vémonos nas seguintes.

Teneis o resto das fotos neste albúm Picasa:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: