martes, 25 de mayo de 2010


En 79 días. Volta ao mundo en Vespa

Este é o título dun libro que relata a aventura de dúas jovenes universitarios españois, que alá polo ano 1962, emprenderon unha viaxe para emular a Phileas Fogg, protagonista do libro de Xullo Verne, A Volta ao mundo en 80 días, e facer realidade a ruta dese libro, pero montados nunha Vespa.

A aventura denominouse Operación Elcano e desenvolveuse durante 79 días (tiña que ser un día menos que na aventura orixinal), desde o 25 de Xullo, festividade de Santiago Apostol, patrón de España, ata o día 12 de outubro, festividade da Virxe do Pilar, patroa da Hispanidade. Hai que pensar que eran os anos 60 e o contexto político-social-relixioso era moi importante.

Ao libro xa fai tempo que lle tiña ganas, e é que hai que dicir que a segunda edición foi en 1964 e a terceira (que é da que eu teño o exemplar) é de 2005 (¡¡¡40 anos despois!!!).

Un libro fácil de ler e cunha aventura que contar incrible, onde atopamonos grandes relatos das peripecias que tiveron que liquidar no camiño ao redor do mundo, acompañado dunhas boas fotografías históricas da aventura:


O dito un libro máis que recomendable, de principio a fin:

A Vespa coa que percorreron o mundo chamárona "Dulcinea" e foi apadriñada polo fantástico Dalí, o cal plasmou a súa firma na mesma convirtiendola máis aínda no que hoxe en día é, unha peza do Museo da Vespa de Potedera:

A continuación podedes ver a entrevista que lle fixeron a Antonio Veciana, coautor do libro e co-protagonista da aventura, no programa Tal como somos da Televisión de Castilla-La Mancha:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: