martes, 10 de mayo de 2011


3ª Feira do Val Miñor de Vehículos Clásicos

Para ir facendo plans para o fin de semana, o sábado e domingo celébrase no pavillón de Gondomar (Pontevedra), a 3ª edición da Feira do Val Miñor de Vehículos Clásicos.

Segundo a organización din na súa web que haberá todo tipo de recambios tanto para coches como para motos.

Disporán de venda de vehículos clasicos, se hai alguén interesado en vender o seu clásico contacta con eles (info@clasicosvalminor.com)

A entrada será totalmente GRATUÍTA e disporán dun aparcadoiro reservado para clásicos.

Se algún recambista quere pór unha caseta ou se alguén necesita buscar aloxamento ou calquera información contacta con eles, que estarán encantados de axudarvos.

+ info:

- Club de Clásicos e populares Val Miñor

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: