lunes, 2 de mayo de 2011


Crónica da 1ª Vesparraiada en Portonovo

Só pódovos dicir unha cousa e foi un comentario xeneralizado: "Cágome nos de meteoroloxía e na nai que os paríu!!!"

Buff que ben me quedei.

Logo de dicirnos durante toda a semana que ían caer chuvascos a mares durante todo o fin de semana, finalmente tivemos sol e calor o venres (queimeime os antebrazos mentres baixaba a Portonovo), sol e máis calor o sábado e o mesmo o domingo.

A xornada do sábado comezou ben tempraniño, montando a caseta de inscricións ás 10 e empezando a recibir aos máis madrugadores sobre as 11, a cousa pintaba ben....

Logo dun par de horas a chaira que tiñamos reservada empezábase a encher de xolliñas das 2 rodas mentres algúns dos participantes paseaban por Portonovo dando boa conta dos seus locais de lecer.


Ás 14:30 tal e como estaba previsto, comezamos co xantar na carpa da Festa dá Raia, entrantes a base dunha exquisita empanada e embutidos variados, unha caldeirada de raia moi boa, tenreira estofada e unha torta tiramisú que... bo, deixábase comer.

Comezamos tarde (coma sempre) coa entrega de trofeos aos clubes participantes:

Motos Vellas do Salnes, Avistpado, Achispados, A Estrada, SQM de Vilagarcía, A Condesa de Pontevedra, Vespeinados e como non, Golfos Artabros, así como a algúns participantes máis notables, como os agradecementos a Swin (Fontán) por axudarnos durante todo o evento, a David, que veu con toda a familia desde Cantabria, pasando despois ás máquinas e os seus pilotos, moto máis antiga unha Vespa 125 do ano 1961 chegada desde Vigo, o piloto chegado desde máis lonxe, desde Verín (Ourense), a moto máis destacable das que alí apareceron, unha Vespa Super Sport Martini, de Rafa, e unha mención especial ao noso amigo Eugenio por levarse o premio número 13 ao gafe, por quedarse tirado ca sua 150 en Santiago cando acudía ao evento.

Despois pasamos ao sorteo de agasallos que o fixemos a carallo sacado porque eran moitos (e así estiveron mellor repartidos) e tiñamos que irnos á ruta pero xa...

Tendes neste album todas as fotos dos agraciados dos premios e sorteo, así coma algunhas do xantar e a ruta:



De ruta ata O Grove onde collemos un barco con visión submarina onde gozamos dun agradable paseo pola ria, degustación de viño e mexillóns, e festa cos grandes exitos das gasoliñeiras de España.

Despues de regreso a Portonovo, paramos no alto do monte Siralleira, para gozar das vistas e facernos unha peculiar foto de grupo...

E desde alí xa empezamos a desperdigarnos, aínda que a gran mayoria, démonos unha boa volta por Sanxenxo e Portonovo, montando espéctaculo para goce e goce da xente que nos vía pasar...

E despues de regresar á chaira portuaria de Portonovo, empezámonos a despedir coa esperanza de que o ano que vén este peculiar evento perdure no tempo...

Despúes uns cantos nos fomos a cear e a gozar da noite de Portonovo ... pero iso é outra historia...

O resto de fotos dos participantes neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: