jueves, 5 de mayo de 2011


Obxetivo solidario Europa de Costa a Costa

La Asociación Moteros sin Fronteras, organizan unha ruta cultural e solidaria, que terá lugar o próximo domingo 8 de maio, desde Vigo ata Santiago, baixo a denominación Obxectivo solidario Europa de Costa a Costa.


Na ruta, que arrincará ás 9:30 horas desde o centro comercial Travesía de Vigo, espérase a participación de 500 motocicletas e discorrerá por:

  • A estrada de Vilaboa (N-554), cara a San Adrián de Cobres para enlazar coa N-550 en Vilaboa.

  • Continuará cara a Figueirido e ata chegar á rotonda de entrada a Pontevedra.
    Tomarase a circunvalación ata a Avda. de Compostela que enlaza de novo coa N-550.

  • Continuarase por esa estrada ata Caldas de Reis e alí virarase cara á N-640 dirección Cuntis.

  • En Portela deixarase a N-640 e collerase pola PO-2008 para ir polas parroquias de San Andrés e San Xulián dirección Pontevea (A Coruña).

  • Continuarase pola PO-2008 ata enlazar coa N-525, tomando a circunvalación para ir desde San Caetano á Praza do Obradoiro, estando prevista a chegada ás 12:00 horas.


O motivo desta ruta, que esta comprendido no Obxectivo Solidario Europa de Costa a Costa 2011 que rende homenaxe aos pilotos falecidos, pretende unha solución europea de mellora da seguridade viaria e achegar axuda solidaria ás persoas necesitadas dos paises europeos.

Un moi boa iniciativa, que é digna de mencionar e aplaudir...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: