jueves, 19 de mayo de 2011


Vespa World Days 2011

Hoxe comeza en Oslo (Noruega) a cita máis importante do calendario vespero mundial, o Vespa World Days 2011.

Logo da experiencia que tiven o ano pasado en Fátima (Portugal) esta edición era moi tentadora para asistir, pero os 3500 quilómetros de ruta botáronme un pouco para atrás.

Parabéns a todolos valentes que se achegaron e van gozar dun fin de semana con máis de 120 Vespa clubes chegados de máis de 20 paises, de todos os puntos do planeta...

+ info:

- Vespa World Days 2011

E aproveitando a iniciativa que arrincou o ano pasado, por parte da marca, este ano vólvese a dispor do Vespa Trophy, para premiar a todos aqueles incondicionais da marca que fagan as súas distintas escalas por todolos concesionarios que se atopen polo camiño.

Pola miña banda xa vos digo, o ano que vén xa se verá, Londres 2012 alá imos ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: