lunes, 13 de septiembre de 2010


III Encontro de Motos Clásicas de Oleiros - Fotos do Sábado

O pasado sábado asísti ao III Encontro de Motos Clásicas de Oleiros a ver a exposición de motos clásicas, o mercadillo e as exhibicións de Trial e velocidade en motos clásicas e, a verdade, encantoume.

Parabéns á organización (MotOleiros) polo bo intre que nos fixo pasar, mágoa non poder asistir á ruta o domingo, pero a Xacovespa pesaba máis.

Aquí teneis unhas fotos das exhibicións primeiro as de trial:

e as de velocidade:

O resto neste album Picasa:



Eiquí unhas fotos da exposición e mercadillo:



O resto nestoutro album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 11 de septiembre de 2010


IV Concentración de clásicos Vila de Portomarín - O video

Segundo me comentou o bon do amigo Juan, a IV Concentración de Clásico de Portomarín (Lugo), foi un exitazo, tanto en participación coma na organización.

Grazas ao podemos gozar deste vídeo-resumo do evento.


Grazas Juan.

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 10 de septiembre de 2010


Spy Magazine - Sorteo de camisetas

Spy Magazine é unha revista gratuíta onde se pode atopar información sobre cultura, moda, música e deseño e que nos podemos descarregar dende a súa web.

Segundo defínense eles mesmos:

"Sen límites, sen distancias.

As propostas e as citas máis innovadoras do mundo da arte xa teñen cabida en Spy Magazine.

Este novo espazo non só acolle as páxinas, contidos e entrevistas da revista, senón tamén unha información actualizada de galerías, eventos e artistas que non podes perderte.

Spy Magazine

Un novo espazo para a arte."

Teñen en marcha un sorteo de camisetas con motivos cinéfilos, no que eles mesmos din:

"Nesta ocasión imos render homenaxe á historia do Cine, tal e como mostran os logos de Paul Frank para o inverno 2010. Dende as películas do cine dos anos 50's como "Vacacións en Roma", pasando polos icónicos personaxes de ciencia ficción de King Kong, Cat Woman ou Superman. Todo un elenco de estrelas para os máis cinéfilos."

Estas son as camisetas, as primeiras son o modelo de mozo e as segundas de moza:


Como ben podedes apreciar, eu quédome con este modelo de camiseta de moza, porque sera? jeje:

Grazas Marta, pola pista que me deixaches na miña entrada de "Julius & Friends & escúter"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 9 de septiembre de 2010


I Encontro Vespa Club de Asturias

Se vos parece pouco o cartel para o próximo fin de semana (la 4ª Volta a Galicia en Vespa y Lambretta - Xacovespa y el 3º Encontro de motos clásicas de Oleiros), os nosos primos-irmáns do Vespa Club de Asturias, organizan o vindeiro domingo 12, o seu I Encontro Vespa Club de Asturias en Xixón.

Iste é o programa:

10:30-11:30 horas: Confirmación de Inscrición e entrega de bolsa con agasallos aos inscritos e detalle de ruta a seguir.

12:00 horas: Saída I Encontro Vespa Club de Asturias, con ruta turística.

Todo isto realizarase no parking do restaurante La posada de Somió, que está situada en Somió, a escasos minutos do centro de Xixón, nunha contorna tranquila e natural.

12:30 horas: Parada en ruta no Val de Peón, con vermouth e pincheo gratuíto para todos os inscritos.

Celebracion do torneo futbolín exprés.

15:00 horas: Voltamos ao lugar de partida, ao restaurante La posada de Somió para repor forzas cun suculento xantar.

16:30 horas: Sorteo de agasallos e despedida.

O prezo da inscrición é de 20 €.

+ info:

- Na web vespaclubasturias.com
- Por correo electrónico a info@vespaclubasturias.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 6 de septiembre de 2010


III Encontro de Motos Clásicas de Oleiros

O próximo fin de semana, os amigos de MotOleiros, organizan a 3ª edición da súa Encontro de Motos Clásicas.

O sábado 11, a partires das 17:00 h, poderemos gozar dunhas exhibicións de motos clásicas de velocidade e trial nun circuíto pechado.

O domingo 12, a partires das 09:00 h, poderémonos inscribir para realizar unha ruta turística duns 70 kms. Despois, da ruta habra unha entrega de trofeos e todo o que queira poderá quedar a comer por 15 €.

Durante as dúas xornadas aberá un Mercadillo e Exposición no Instituto Miraflores de Oleiros.

Verémonos o sábado, xa que o domingo toca Xacovespa.

Non se pode estar en todas partes.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 2 de septiembre de 2010


IV Volta a Galicia en Vespa e Lambretta - A Xacovespa

Chegou, por fin, unha nova edición da Volta a Galicia en Vespa e Lambretta, A Xacovespa, e xa vai pola 4ª.


Os próximos 11 e 12 de setembro, aproveitaremos o ano xacobeo para realizar o "Camiño de Santiago" desde Pedrafita do Cebreiro (a 134 kms de Santiago).


O domingo 12, partiremos sobre as 11:30 h, para percorrer o camiño ata Santiago desde a saída "oficial" no Cebreiro (Lugo).


O percorrido procuraremos que coincida co do Camiño Frances, polo que tradicionalmente realizanse as seguintes etapas:

Etapa 25 O Cebreiro - Triacastela (21,100 km)
Etapa 26 Triacastela - Sarria (18,300 km)
Etapa 27 Sarria - Portomarín (22,400 km)
Etapa 28 Portomarín - Pas de Rei (25 km)
Etapa 29 Palas de Rei - Arzúa (28,800 km), no km 15 está Melide onde pararemos a xantar.
Etapa 30 Arzúa - Pedrouzo (19,100 km)
Etapa 31 Pedrouzo - Santiago (20 km)

O xantar do domingo realizarase na localidade de Melide ás 14:30 h, no Hotel Carlos 96.

Posteriormente continuarase camiño ata chegar finalmente a Santiago (sobre as 17:30) onde se dará por finalizada a 4ª edición da Volta a Galicia en Vespa e Lambretta - A Xacovespa.

Se non queredes ir directamente o domingo, haberá algúns asistentes á Volta que pasarán a noite do sábado na localidade de Pedrafita.

Tendes toda a información nos foros dos clubs escuteristas galegos, onde poderedes anotarvos como asistentes:

- Golfos Ártabros Escúter Clube.
- Avispados de Ourense.
- Vespeinados de Vigo.

e na web Vespadicto.es

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 1 de septiembre de 2010


2º VOLTA A COMARCA VAQUEIRA DE MOTOS CLASICAS E ANTIGAS

E se o fin de semana quereds seguir gozando de motos clásicas podedes achegarvos o domingo ata Salas (Asturias) onde os amigos do clube Angeles del Asfalto organizan a 2º VOLTA A COMARCA VAQUEIRA DE MOTOS CLASICAS E ANTIGAS.



Pola mañá:

  • Excursión turistica pola Comarca Vaqueira.(1º Sector)
  • Comida en Restaurante concertado
  • Consumición gratuíta para os inscritos no bar A Praza,sede social do Moto Club

Pola tarde:

  • Excursión turistica pola Comarca Vaqueira. (2º Sector)
  • Entrega do bolo de chourizo e refresco aos participantes
  • Entrega de trofeos e clausura do evento




PREZO: 20 € inscrición que inclúe:
  • Comida en restaurante concertado
  • Camiseta conmemorativa do evento
  • Refresco de benvida
  • Bolo de chourizo e refresco ou cervexa para a merenda
  • Participación en Trofeos

PREZO : 10 € inscrición que inclúe:

  • O anteriormente descrito,fóra da comida en restaurante

PREZO ACOMPAÑANTES PARA A COMIDA : 10 €/persoa

+ info:

- En la web del club Angeles del Asfalto
- Télefono 985 861 384 y 676 249 369

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España